Galaxia publica a primeira novela-disco da literatura galega: «Estamos no verán!»

Estamos no verán_primeira novela-disco de Galaxia

Estamos no verán!!! é a primeira novela-disco da literatura galega. Un libro emocionante e divertido, que deu lugar, tamén, a un enerxético espectáculo infantil que os rapaces e rapazas poden gozar bailando e cantando cos catro músicos, dous cantantes e unha bailarina do grupo estilos como funky, bossa nova, reagge, rock, pop, blues e moitos máis.

Este domingo 19 de abril terá lugar o concerto de apertura da xira 2015 de Estamos no verán!!! A cita será no Teatro Principal de Santiago ás 18h30 e as entradas teñen un custe de 5 euros, aínda que existe a posibilidade de adquirir un bono familiar de 4 entradas por 15 euros. Xa están á venda na billeteira do teatro ou en:
entradas.abanca.com ou no teléfono 902434443

O traballo Estamos no verán!!! figura entre os aspirantes ao galardón ao mellor álbum en galego entre os finalistas dos Premios da Música Independente. Esta novela-disco, correspondente á colección Sonárbore+grandes da Editorial Galaxia, conta con músicas de Xoán Curiel e texto da escritora Charo Pita, así como cun magnífico deseño a cargo de Iván R.

A novela conta a historia duns amigos (Xoán, Jara, Alberte, Carlos) que durante as vacacións queren montar un grupo de música… Mergullados nun soño de verán, os rapaces e rapazas descubrirán estilos musicais como o rock, pop, funk, reggae, rap, bossa etc., nun concerto dinámico, rítmico e participativo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar