49 falecidos na campaña contra a gripe

A cifra de pacientes que faleceron directamente relacionados coa gripe en Galicia na actual campaña incrementáronse a 49, dous máis que a semana pasada, segundo os últimos datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Así, segundo o último informe de vixilancia da gripe publicado polo Sergas correspondente á décimo quinta semana epidemiolóxica, recollido por Europa Press, na actualidade permanecen ingresados 32 pacientes e na última semana declaráronse cinco ingresos con gripe confirmada.

O total de ingresos en Galicia con gripe confirmada no que vai de tempada ascende, segundo os datos actualizados este xoves polo Sergas, a 689 persoas, o que supón dez máis que a semana anterior.

A pasada tempada este virus provocou a morte de 53 persoas e foi a causa de 811 ingresos hospitalarios en Galicia, dos que o 16,8 por cento (136 persoas) requiriron ingreso na UCI, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar