Santiago:Hernández agarda que Bricomart reactive o asentamento de empresas

 

Hernández_inauguración de Bricomark na Sionlla_1

 

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no acto inaugural das instalacións de Bricomart no parque empresarial da Sionlla. O rexedor municipal saudou esta nova oferta empresarial, por canto supón a constatación da «paulatina ocupación deste parque empresarial» e «da progresiva recuperación da actividade da construción».
Sobre a ocupación do parque empresaria da Sionlla, indicou que Bricomart é a segunda empresa que abre no mesmo e que está prevista a apertura de dúas novas iniciativas en cuestión de semanas. E sobre a recuperación da actividade da construción, lembrou que «iniciou unha apreciable melloría dende finais do ano pasado, superando continuado descenso rexistrado dende o ano 2007».

«Hoxe, a maior demanda da obra pública, o consumo dos fogares e a actividade xerada arredor da rehabilitación e da reconstrución de vivendas están a propiciar un cambio de ciclo no que a construción, nun escenario de maior diversificación económica, recupera unha parte do seu potencial como xerador de emprego, de participación no valor engadido bruto e, polo tanto, na recuperación económica», explicou Agustín Hernández, apuntando previsións optimistas de crecemento deste sector nos vindeiros dous anos.

 

Hernández_inauguración de Bricomark na Sionlla_2

O alcalde expresou a súa confianza en que a posta en marcha de Bricomart «marque tamén o inicio da reactivación do asentamento de empresas nesta superficie». Neste sentido, indicou que «a rebaixa no prezo das parcelas ata un 30% acordado pola Xunta e a próxima construción por parte de Fomento do enlace orbital, que mellorará aínda máis a súa conexión coa autoestrada AP-9 e coa autovía de Lavacolla, serán sen dúbida factores determinantes para facer máis atractiva e máis operativa esta superficie».

De feito, anunciou que, no concurso convocado recentemente baixo a nova oferta por parte da Xunta, recibíronse solicitudes para cinco novas parcelas neste parque empresarial da Sionlla, que suman 18.550 metros cadrados.

Finalmente, o alcalde agradeceu á empresa Bricomart a súa aposta polo Concello de Santiago para instalar a primeira tenda da marca en Galicia e, en particular, polo centenar de postos de traballo xerados de forma directa». Desexoulle á firma unha actividade chea de éxitos para o ben do tecido económico do noso concello e da nosa cidade».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar