A Policía Autonómica identifica a 16 persoas nun operativo contra o furtivismo

Axentes do Servizo de Gardacostas e da Policía Autonómica realizaron onte un operativo contra o furtivismo na zona norte da ría de Arousa, que se saldou coa identificación de 16 persoas que estaban faenando de xeito ilegal.

A actuación desenvolveuse nas zonas do Chazo, A Revolta e Mañóns e nela os axentes comisaron 40 quilos de ameixa babosa, 8 angazos e unha navalla. O produto comisado tería un prezo estimado no mercado de máis de 650 euros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar