A TVG, galardoada con veinte dos Premios Mestre Mateo

Premiados TVG premios Mestre Mateo

A Televisión de Galicia estivo presente en vinte dos vinte e cinco Premios Mestre Mateo entregados na gala anual que organiza a Academia Galega do Audiovisual. O recoñecemento como mellor programa de televisión foi por cuarto ano consecutivo para o informativo cultural Zigzag Diario, de produción propia da TVG, mentres que e a presentadora do Telexornal Mediodía, Marga Pazos, foi recoñecida como a mellor comunicadora de televisión.

Por outro lado, as dúas producións cinematográficas que máis premios obtiveron contan tamén con participación da Televisión de Galicia. É o caso de A Esmorga, que recibiu seis estatuíñas pola mellor interpretación masculina (Morris Durán), direccións de arte e de fotografía, vestiario, música orixinal e maquillaxe e perruquería, e tamén de Os Fenómenos, que acadou catro galardóns como mellor longametraxe, dirección (Alfonso Zarauza), guión e intérprete feminina de reparto (Ledicia Sola).

Outras producións relacionadas con TVG son Serramoura como mellor serie de televisión, e as series Pazo de Familia como mellor interpretación feminina de reparto (Mabel Rivera) e Códice  como mellor interpretación masculina de reparto (de novo Morris Durán); o programa da Galega Cos Pés na Terra pola mellor realización; as películas participadas por TVG Schimbare como mellor dirección de produción e mellor son, e Maimiño como mellor longametraxe de animación, e o documental Angrois no Esquecemento, producido por traballadores da televisión pública galega, como mellor documental.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar