Os Premios «Mestre Mateo» recoñecen hoxe ás mellores produccións do audiovisual

Premios Mestre Mateo_logotipo

Acceda á lista das candidaturas

O evento recoñece as mellores producións do audiovisual galego e premia o traballo dos profesionais máis destacados do sector

O bo ano que viviu o audiovisual galego recibirá a súa particular homenaxe nunha gala dinámica e divertida, que porá o foco no público que acompañou á ficción galega e no recoñecemento internacional de moitas producións autóctonas, presentes en festivais e canles de televisión estranxeiras.

A gala ten lugar o sábado 11 de abril de 2015, ás 21:45 horas, no auditorio Gaivota do Palexco en A Coruña, e conta con Roberto Vilar como mestre de cerimonias.

A apertura de portas é ás 20:00 horas, seguida do pase por photocall dos convidados, cun ambigú á súa disposición. A gala comeza ás 21:45 horas, aínda que os convidados deben estar sentados nas súas butacas ás 21:30 horas.

Segundo Roberto Vilar, presentador e guionista da gala, a edición deste ano será “rápida, amena e divertida”, co humor como protagonista, evidenciando así o bo momento que atravesa o sector en Galicia: éxito das producións televisivas e presenza de cine galego de calidade nas salas.

O público terá un papel relevante na gala, que contará cunha pequena homenaxe aos abundantes seguidores das series galegas, todo un fenómeno fan que chega tamén ás nosas producións.

A actriz Fely Manzano recibirá o galardón de honra “Fernando Rey”, que recoñece a súa longa traxectoria no mundo escénico e na ficción audiovisual galega.

A gala rematará ás 00:00 horas.

Para a edición deste ano presentáronse, entre longametraxes, documentais, series, series web, programas de televisión, curtametraxes, anuncios publicitarios e videoclips, un total de 111 obras, todas elas estreadas ao longo do ano 2014.

Entre os nomeados destacan os filmes “A Esmorga” e “Os Fenómenos”, con 17 e 11 candidaturas respectivamente, e a serie de televisión “Serramoura” con 9 candidaturas.

A entrada dos medios de comunicación realizárase pola porta lateral dereita do Palexco. Os periodistas terán que acreditarse debidamente mediante o seu nome e o medio do que proceden.

A entrada dos medios permanecerá aberta dende as 19:30. Os periodistas serán acomodados nos palcos laterais do auditorio, onde disporán ademais dunha pequena área habilitada para deixar as súas pertenzas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar