Os premios Mestre Mateo rendirán homenaxe aos seguidores das series de televisión galegas

Roberto Vilar
Os premios Mestre Mateo queren recoñecer na edición deste ano a importancia dos públicos para o audiovisual galego dándolles un papel relevante no desenvolvimento da cerimonia de entrega dos galardóns. Unha representación dos seguidores das series galegas participarán na gala que se celebrará o vindeiro sábado na Coruña.

Os Mestre Mateo iniciaron unha campaña de participación nas redes pedindo aos seguidores das series galegas que graven e envíen un vídeo, cun máximo de dous minutos, no que expliquen de que series gustan e cales son os motivos para seguilas. Os primeiros 20 vídeos que cheguen as redes da Academia Galega do Audiovisual recibirán unha entrada dobre para asistir á entrega de premios o vindeiro sábado, 11 de abril, no Palexco de A Coruña a partir das 22.00.

En Facebook, os participantes deberán subir o vídeo etiquetándo á Academia Galega do Audiovisual no mesmo. En twitter, utilizando o hastag #MestreMateo15 e #eusonfan.

A gala será presentada por Roberto Vilar, emitida pola Televisión de Galicia o vindeiro sábado, 11 de abril. Na gala participarán, ademais, os principais profesionais do sector en Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar