Procesión da Última Cea en Santiago

Procesión  última cea Santiago_2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e outros integrantes da Corporación asistiron á procesión da Última Cea do Salvador, con saída e chegada na igrexa de San Francisco.
Esta procesión é organizada pola Confraría da Vera Cruz e percorre varías rúas e prazas do Casco Histórico. Os seus nazarenos visten hábito de sarga negra con bocamangas, capuz e faixa verde oliva.

O paso da Última Cea do Salvador, premiado na Exposición Universal de París, é unha talla do escultor compostelán Sanmartín que data de 1864. O Nazareno de Medinacelli que se saca en procesión foi doado á Confraría polas relixiosas da Compañía de María. A Dolorosa que procesiona é unha talla propiedade da orde franciscana segrar atribuída ao imaxineiro galego Ferreiro.

A Confraría da Vera Cruz fúndase a mediados do século XVI no convento de San Francisco para conmemorar a institución da eucaristía ao procesionar co paso da Última Cea do Salvador.Agustín Hernández_Procesión ultima cea

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar