5.000 peregrinos chegaron a Santiago en marzo, un 61% máis

Peregrinos-del-Camino-de-Santiago

   Un total de 5.080 peregrinos chegaron a Santiago de Compostela durante o pasado mes de marzo, o que supón un 61 por cento máis que os rexistrados no mesmo mes do ano pasado e unha cifra próxima aos 5.882 do terceiro mes de 2010, último Ano Santo.

Segundo os datos feitos públicos este mércores pola Oficina do Peregrino, a maior parte das ‘compostelas’ outorgadas foron para peregrinos españois, que alcanzaron os 2.889 –o 56,87 por cento do total–. Destes, o 18,15 por cento proviñan de Madrid, o 8,66 por cento de Andalucía, o 7,07 por cento de Galicia, o 5,69 por cento de Comunidade Valenciana e o 4,02 por cento de Castilla León, entre outras comunidades.

No ámbito internacional, Portugal foi o país que máis peregrinos proporcionou a Santiago en marzo, 449 –o 8,84 por cento do total–, seguido de Alemaña –437–, Estados Unidos –182–, Italia –151– ou Corea –110–. En total, no terceiro mes do ano recibiron o seu ‘compostela’ peregrinos de 73 nacionalidades, entre as que se atopan países como Myanmar, Taiwán, Madagascar, Kazajistán, Singapura ou Nova Zelanda.

CAMIÑO FRANCÉS

Un mes máis, a ruta máis elixida polos peregrinos foi o Camiño Francés, que transitaron o 67 por cento deles –3.417 persoas–. A continuación sitúanse o Camiño Portugués –18 por cento dos peregrinos–, o Camiño Primitivo –4,29 por cento–, a Vía da Prata –3,92 por cento– ou o Camiño Inglés –2,91 por cento–.

O punto de partida do 37,4 por cento dos peregrinos foi Sarria, o mínimo que, dende o Camiño Francés, permite percorrer os 100 quilómetros necesarios para obter a ‘compostela’. Entre os puntos de comezo máis populares tamén está O Cebreiro, na entrada a Galicia –5,77 por cento–, Saint Jean Pied de Port, que marca o último fito en Francia del Camino Francés –5,71 por cento–, e Oporto –5,22 por cento–.

O 94,59 por cento dos peregrinos de marzo fixeron o camiño a pé –4.805 persoas–, mentres que 270 fixérono en bicicleta, catro en cadeira de rodas e unha persoa a cabalo. O 35,10 por cento atribuíron a súa ruta a un motivo unicamente relixioso, mentres que o 56,77 fixeron o Camiño por motivos relixiosos e non relixiosos e o 8,13 por cento por causas totalmente alleas á relixión.

TIPOLOXÍA DO PEREGRINO

En canto á tipoloxía, o 55,75 por cento dos peregrinos en marzo foron homes, mentres que o 44,25 por cento foron mulleres. En relación á súa idade, case o 48 por cento eran menores de 30 anos, o 43,8 por cento tiñan entre 30 e 60 anos e o 8,19 por cento superaban esta última idade.

Así mesmo, o 39 por cento dos peregrinos rexistrados eran estudantes, o 16,4 por cento eran empregados, o 12 por cento profesionais liberais, o 6,14 por cento xubilados e o 2,93 por cento estaban en paro. En marzo fixeron o camiño, entre outros, 149 funcionarios, 40 directivos, 18 relixiosas, 16 sacerdotes e cinco deportistas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar