A Catedral de Santiago porá en marcha a carraca o Venres e Sábado Santos

Carraca Catedral Santiago

A Catedral de Santiago substituirá durante os próximos 3 e 4, Venres e Sábado Santos, o son das súas campás polo da carraca, instrumento de percusión de enormes dimensións que se atopa aloxada na torre norte da fachada do Obradoiro.

A carraca da Catedral de Santiago ten forma de aspa ou cruz de Santo Andrés Andrés e acciónase manualmente mediante unha manivela. O actual instrumento é unha réplica da vella carraca que foi construída en 2010 polo Consorcio de Santiago, cando volveu soar despois de máis de 50 anos sen funcionar.

O antigo aparato foi restaurado e actualmente pódese visitar no Museo da Catedral, como parte do percorrido de visita ás cubertas. As carracas, actualmente moi en desuso na liturxia, son instrumentos musicais de percusión que se facían soar nas celebración de Semana Santa como símbolo de do pola morte de Cristo e que substitúen o son das campás.

A carraca da Catedral de Santiago soará en cinco ocasións, coincidindo co inicio dos Oficios Litúrxicos, en dúas ocasións no Venres Santo e tres veces o Sábado Santo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar