Recollen a dous porcos e unha iguana nunha vivendda da Coruña

Cerdas ibéricas nunha casa da Coruña
Los dos cerdos en el interior de la vivienda.

A concesionaria do Centro de Acollida de Animais da Coruña, Servigal, foi requirida pola Policía Nacional para facerse cargo de dous porcos, unha iguana e dous cans de raza potencialmente perigosa achados nunha vivenda de planta baixa en Novo Mesoiro.

Segundo informou Servigal, trátase de dous cans (femia) ‘american stanford’, unha raza potencialmente perigosa, que contan con chip identificativo; unha iguana; e dous porcos (femias) de cruzamento ibérico.

Todos os animais, que se atopaban no interior da vivenda, foron trasladados ao centro de acollida, onde «se lles darán os coidados que sexan necesarios» á espera de que os seus propietarios os reclamen, indica a concesionaria.

No caso contrario, transcorridos os prazos legais, os animais serán postos en adopción. Na actuación levada a cabo na vivenda participaron corpos de Seguridade do Estado e Policía Local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar