Baltar traslada ao Ministerio de Facenda proxectos para o futuro provincial

Manuel Baltar_Madrid con director xeral coordenación competenicas coas CCAA do Milisterio de Facenda O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas novos proxectos para o futuro provincial. O titular da Deputación mantivo unha reunión de traballo en Madrid con Juan Ignacio Romero, director xeral de Coordinación de competencias coas comunidades autónomas e as entidades locais, a quen informou do estado de elaboración da «Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible», que incluirá catro grandes proxectos: Plan Termal, Provincia Intelixente, Competitividade e Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente.

Baltar tamén presentou a Romero as liñas básicas do plan de emprego que a Deputación de Ourense implementará na vindeira lexislatura, encaixando, segundo o director xeral, na filosofía e puntos clave do Fondo Social Europeo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar