Algunhas zonas de Galicia poden perder o sinal de TVG se non adaptan as antenas

 

Antena TDTFaltan tres semanas para o remate do proceso de liberación de frecuencias radioeléctricas no chamado dividendo dixital; con el, apagaranse as frecuencias antigas e algunhas zonas de Galicia poden quedar sen os sinais da TVG se non teñen adaptadas as antenas colectivas para a súa recepción.

Este proceso afecta as emisións de TVG e tvG2 na zona norte da provincia da Coruña e en zonas da provincia de Ourense. Nestes territorios, se non queren perder as canles da Galega, os usuarios que reciben o sinal a través dunha instalación colectiva con amplificadores monocanle ou centrais programables, deberán contactar canto antes cun instalador autorizado, se non o fixeron xa, para que adapte as devanditas antenas. Unha vez realizada a nova antenización poderase resintonizar de novo o televisor. O instalador pode ademais axudar a xestionar a subvención do Ministerio para este cambio.

Tamén, nestas zonas sinaladas, os usuarios que teñen antenas ou sistemas de conexión individuais ao perder estas canles despois do 31 de marzo, só deberán resintonizar o televisor co mando do aparello.

Tras o 31 de marzo as vellas frecuencias das canles que actualmente emiten en simulcast (no sinal antigo e novo ao mesmo tempo) apagaranse definitivamente, polo que só poderán seguir véndoas que teña as súas antenas adaptadas.

Nalgunhas zonas da provincia de Ourense e do sur de Lugo o simulcast xa se apagou o pasado día 8 de febreiro, debido a necesidades de coordinación do dividendo dixital co proceso similar que está a suceder en Portugal.

Máis información na web da crtvg.es

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar