Once anos do 11-M

Bandeiras a media asta_Parlamento_VCALA sesión plenaria do Parlamento de Galicia deste mércores arrancou cun minuto de silencio polo undécimo aniversario dos atentados do 11 de marzo en Madrid.

«Un día triste para todos», dixo a presidenta da Cámara autonómica galega, Pilar Rojo, antes de instar a gardar silencio en memoria das vítimas.

O 11 de marzo de 2004, dez explosións case simultáneas acontecidas en catro trens de proximidades de Madrid desencadearon un dos maiores atentados terroristas acontecidos en Europa, con 192 vítimas mortais e case 2.000 feridos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar