17 produccións da TVG, finalistas nos Premios Mestre Mateo 2015

A Esmorga_fotograma 2

Un total de dezasete producións da Televisión de Galicia foron presentadas como finalistas nos Premios Mestre Mateo 2015, que concede a Academia Galega do Audiovisual. “A Esmorga”, película participada pola Galega, parte como favorita cun total de 16 candidaturas. Ademais do filme de Ignacio Vilar, “Os Fenómenos”, A Esmorga_cartel película vcal“Schimbare” e “El Niño” compiten na categoría de mellor película.

As longametraxes “A Esmorga” e “Os Fenómenos” (11 candidaturas), seguidas pola serie “Serramoura” (9) e pola película “Schimbare” (8), as catro participadas ou realizadas pola TVG, sitúanse á cabeza en maior cantidade de categorías desta décimo terceira edición dos Mestre Mateo, os galardóns máis importantes do audiovisual galego.

As seguintes producións finalistas en máis candidaturas son a longametraxe “O ouro do tempo” (4), o programa “A Casa da Conexa” (3), a tv-movie “Códice” (3), a serie “Era Visto” (3) e a película “El Niño” (3), salvo esta última todas elas realizadas co apoio da canle pública galega.Fotograma A Esmorga

Na categoría de mellor comunicador/a optan ao galardón tres profesionais da Televisión de Galicia, Marga Pazos (“Telexornal Mediodía”), Xosé A. Touriñán (“A Casa da Conexa”) e Marta Doviro (“Mais Galegos”), xunto a Fernanda Tabarés de VTelevisión.

Neste acto, presentado polos actores Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, desveláronse as 42 finalistas candidatas nas 25 categorías destes galardóns. Entre elas, cómpre salientar que tres dos candidatos a mellor intérprete masculino foron escollidos polo seu traballo protagonista en “A Esmorga”. Antonio Durán Morris, Karra Lejalde e Miguel de Lira optan tamén con Luís Tosar (“El Niño”) ao Mestre Mateo. Pola súa parte, no apartado feminino foron seleccionadas Lucía Regueiro (“Serramoura”), Candela Peña (“Schimbare”), Mabel Ribera (“Pazo de Familia”) e Nerea Barros (“O Ouro do Tempo”).

Hai que destacar tamén que nas categorías de mellor programa de televisión (“A Casa da Conexa”, “Luar”, “Galegos no Mundo” e “ZigZag Diario”) e de mellor serie de tv (“A Casa Manola”, “Era Visto!”, “Pazo de Familia” e “Serramoura”) todos os espazos elixidos son produtos da Televisión de Galicia.

Os gañadores en cada unha destas 25 categorías coñeceranse o próximo 11 de abril na gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2015, que terá lugar no auditorio Palexco da Coruña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar