Executivas de Galicia trasladan ao Parlamento as suas demandas de corresponsabilidade

Executivas de Galicia_Parlamento_presidente Pilar rojo

O colectivo Executivas de Galicia achegoulle á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo,  as suas demandas en materia de corresponsabiidade no transcurso dun encontro no Pazo do Hórreo.

Trátase dun documento que recolle os avances e proxectos da entidade, que agrupa a profesionais de distintos sectores económicos, no ámbito do liderazgo feminino.

As mulleres directivas aprobaron nun encontro recente un documento cun total de 52 propostas que convertiron en obxectivos a curto prazo para consolidar a sua situación do mundo executivo, emprendedor ou empresarial en Galicia.

Ata agora, o colectivo recibíu apoio de organizacións como Woman Emprende , BIC Galicia e a Xunta, a través da Consellería de Traballo e Benestar e Secretaría Xeral de Igualdade, ámbitos da Administración pública cos que manteñen contactos periódicos.

Ademáis de cambiar impresións coa presidenta do Parlamento, a representación de Executivas de Galicia reuniuse coa titular da Comisión parlamenaria de Igualdade de Xénero.

Executivas de Galicia_Parlamento_comisión igualdade de xénero

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar