O ladrón do Códice, condeado por roubar cartas aos seus veciños

  Castiñeiras_Códiice Calixtino_vista oral_Xulgados

O ladrón do Códice Calixtino, José Manuel Fernández Castiñeiras, foi condenado a 190 anos de cárcere, co límite de cumprimento que establece o Código Penal, de tres años, por roubar durante anos a correspondencia dos seus veciños. O Xulgado do Penal número 2 de Santiago tamén lle impuxo unha multa de 410.400 euros.

A sentenza considera probado que Fernández Castiñeiras cometeu 190 delitos por roubar durante anos da correspondencia dos seus veciños. Ademais, xa fora condenado a un total de dez anos de cárcere por levar o Códice Calixtino da Catedral compostelana, así como por roubar 2,4 millóns de euros do templo e por branquexar estes fondos comprando propiedades inmobiliarias.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o exelectricista da Catedral, «con ánimo de coñecer aspectos da vida privada dalgúns veciños do mesmo inmoble e portal colleu a correspondencia que, dirixida a eles en sobres pechados perfectamente identificados co nome e domicilio do destinatario, depositaba normalmente o carteiro nas caixas de correo ou espazos habilitados ao efecto no portal do edificio».

Ademais das confesións do acusado en fase de instrución, indica a maxistrada que existe un elemento de proba sumamente ilustrativa de que foi o axuizado quen colleu as cartas dos seus veciños e as acumulou no seu domicilio ata a súa incautación, e é que no reverso de dous dos sobres consta manuscrita unha suma aritmética, a grafía dos números da cal, «sen necesidade de especiais coñecementos grafolóxicos, apréciase a simple vista que coincide coa dos múltiples documentos manuscritos que a defensa achegou á causa como da autoría do acusado».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar