Douscentos mozos de 40 centros educativos participan nunha nova edición de Parlamento Xove

Beatríz Mato_presidente Deputación_Parlamento Xove_1

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, deu a benvida aos alumnos e profesores de terceiro e cuarto da ESO dos 21 centros de toda Galicia que participaban na Coruña na fase preliminar da categoría de Secundaria

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, deu hoxe a benvida aos alumnos e profesores de terceiro e cuarto da ESO dos 21 Un total de 43 equipos de 37 centros educativos de toda Galicia están a participar na sexta edición de Parlamento Xove, sumando un total de 215 participantes de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e de 1º e 2º de Bacharelato, respectivamente.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, deu a benvida hoxe aos alumnos e aos profesores de terceiro e cuarto da ESO que participaban na fase preliminar da categoría de Secundaria nas dependencias da Deputación provincial da Coruña. Na súa intervención, Mato destacou as vantaxes que se asocian á educación non formal como a creatividade, a iniciativa, a tolerancia, o respecto aos demais, ou o traballo en equipo, entre moitas outras.

Na mesma participaron 22 equipos de 21 centros: o Colexio Plurilingüe La Salle de Santiago, o C.P.I. Monte Caxado das Pontes de García Rodríguez, o IES Rosalía de Castro de Santiago, o C.P.I. Conde de Fenosa de Ares, o IES Plurilingüe Maruxa Mallo de Ordes, o IES Plurilingüe Fontexería de Muros, o IES Eduardo Condal de Santiago, o IES Pontepedriña, tamén de Santiago, o Colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña, o IES de Mugardos, o Colexio Internacional Sek Atlántico de Poio, o C.P.R. Monterrei de Vigo, o C.P.R. Plurilingüe Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa, o C.P.R. Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes da Estrada, o IES Monte Castelo de Burela, o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, o C.P.R. A Inmaculada de Lugo, o Colexio Galén de Lugo, o C.P.I. de Xanceda, o IES O Couto de Ourense; e con dous equipos o IES Antón Fraguas de Santiago.

A titular de Benestar indicou que Parlamento Xove “invita a dialogar nun escenario de respecto e tolerancia”, ademais de “mellorar a aptitude para debater un tema, desenvolver habilidades para a expresión oral e a capacidade de escoitar aos contrincantes que, non son rivais, senón compañeiros”.

Durante a fase preliminar desta competición de debate os compoñentes dos 43 equipos participantes usan a oratoria para defender unha determinada postura sobre o tema proposto pola organización. Cada equipo está formado por catro alumnos e un profesor. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procede ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo,“a favor” ou“en contra”, en relación á cuestión formulada. Os equipos levaron a cabo unha labor de investigación previa e agora contrapoñen e discuten datos e ideas. O programa inclúe a realización dun dossier de investigación.

“Debería adiantarse a maioría de idade legal aos 16 anos?”, é o tema desta fase preliminar, que, no caso da categoría de Bacharelato, descorreu a fin de semana pasada no Pazo de Mariñán.

Dos 22 equipos educativos que participan na categoría de ESO serán catro os que debaterán na fase final o vindeiro 18 de abril na sede do Parlamento de Galicia. Ese mesmo día debaterán os oito equipos da categoría de Bacharelato que pasaron á final: Becerreá I do IES de Becerreá, o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, o IES Eduardo Pondal de Santiago, o IES de Foz, o Centro Galén de Lugo, o Colexio La Salle de Santiago, o IES Rodeira de Cangas e o quipo Becerreá II tamén do IES de Becerreá.

Os equipos gañadores obterán como premio unha viaxe valorada en 5.000 euros no caso de Bacharelato e 3.000 euros na categoría de ESO.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar