O PP de Teo critica al goberno municipal por non garantir a continuidade do servizo de augas

Guerra_JoseManuel
José Manuel Guerra, candidato á alcaldía coruñesa de Teo.

As recentes manifestacións de Rafael Sisto son reveladoras das consecuencias que se van derivar da municipalización do servizo de augas. Nin vai haber aforro para a veciñanza, nin a plantila de traballadores ten garantida a súa continuidade. Preguntado acerca de se os cidadáns notarán os beneficios, o teniente alcalde responde concluinte: “por moito que chegásemos a rebaixar as tarifas, a baixada mensual non sería superior a un euro”. A isto, José Manuel Guerra responde con ironía: “se cando se fixo o anuncio ían ser grandes beneficios e hoxe estes rebáixanse a un euro por veciño, tralas eleccións veremos que nos toca pagar a todos.”

En sintonía coa preocupación xeralizada da veciñanza, a semana pasada José Manuel Guerra declaraba que cada vez se aprezaba un futuro máis escuro no proceso de municipalización do servizo de augas.

Por outra banda, sorprende das últimas declaracións realizadas que Rafael Sisto anuncie un beneficio de 250.000€ anuais. Se realmente é así, por qué non fai repercutir este beneficio nos petos da veciñanza? De onde provirá ese aforro? Está a obviar as posibles indemnizacións?

En calquera caso, José Manuel Guerra desexa que, “polo ben de todas as persoas que vivimos en Teo, o saldo sexa positivo, pero cada día hai máis sombras cara ese desenlace e os feitos demóstrano a cada paso que se dá. O contrario sería inadmisible”.

Parece tamén irrisorio o anuncio de que se vaia rebaixar o enganche cando Teo está a perder poboación e o número de novas construccións é minúsculo.

Convén recordar que no momento en que o goberno municipal tomou a decisión de “municipalizar” o servizo da auga as vantaxes estaban garantidas: rebaixaríanse os custes do servizo, asegurábase a continuidade dos traballadores e o servizo sería máis eficaz.

Afondando nesta cuestión, segundo as intencións manifestadas volve poñerse de relevo outra contradición con respecto ao anuncio inicial nunha cuestión trascendental: o futuro laboral dos oito traballadores. Para José Manuel Guerra resulta preocupante que Sisto amose unha total incerteza con respecto á cuestión: “somos conscientes de que se trata dunha situación xurídica complexa, con interpretacións para tódolos gustos”. Isto pon de manifesto que non houbo un estudo previo rigoroso da saída que se lle ía dar ás 8 familias, coa irresponsabilidade política que supón.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar