Expourense: Último día de Xantar

image

“A actividade xerada polo turismo en Galicia ascende a máis de 6 mil millóns de euros, o que representa preto do 11% do PIB da nosa comunidade, polo que o turismo constitúe un dos piares fundamentais na economía de Galicia”. Con estes datos celebraba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o día adicado a este sector en Xantar especificando que no caso de Galicia, turismo e gastronomía deben de ir da man. “A nosa materia prima conxugada co traballo realizado polos profesionais cociñeiros galegos converten a nosa boa mesa e os nosos afamados viños nun dos reclamos fundamentais que nos identifican a nivel internacional”, sinalou. A directora de Turismo tamén fixo referencia ó Camiño de Santiago, ó que tamén se lle adiou o día de hoxe indicando que “é o produto turístico estrela en Galicia e que constitúe a nosa icona máis universal e carta de presentación no mundo sendo un potente elemento diferenciador”.

Ademais do Día adicado ó Turismo, Xantar acolleu hoxe o día de Viana do Castelo e Vila Real, dúas ciudades pertencentes á Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal que acoden a Xantar para presentarse como un destino de proximidade ante os visitantes galegos. E precisamente a esta “proximidade” veñen sumarse agora ás Illas Azores, ás que tamén se lle adicou esta xornada que contou coa presenza do director de Turismo dos Açores, Francisco Coelho. A incorporación de compañías de baixo custo que voan a este arquipélago, convérteos nun destino próximo e atractivo a tres horas de distancia de Galicia que promocionan baixo a máxima de “Pequenho almorço na Galiza, almorço nos Açores”. Promocionáronse ademais, nesta edición adicada á gastronomía sostible, como o destino líder de Europa en turismo sostible.

image

Esta xornada contou ademais coa participación activa da Confederación de Asociacións de Veciños de Galicia (COGAVE) coa que Expourense asinou un convenio de colaboración que facilitirá ó acceso aos veciños aos eventos organizados polo recinto e que as asociacións promoverán entre os seus membros.

Premios Xantar Internacional 2015

Para celebrar a ratificación do Selo de Feira Comercial Internacional outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade, xantar volveu entregar por segundo ano os seus premios especiais á internacionalización. Estes foron os gañadores:

– Premio ó Mellor Stand Restaurante: Vila do Corpus – Ponteareas de Catering Galicia.
– Premio ó Mellor Stand de Alimentación: Consellería de Medio Rural e Mar.
– Premio a Mellor Acción Promocional en materia de Turismo (entregáronse dous): Entidade de Turismo Porto e Norte e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
– Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Proxecto “ComeOurense” promovido pola Concellería de Medio Ambiente de Ourense. Este proxecto integra a Ourense na rede URBACT de ciudades europeas sostibes, sendo ésta a única cidade española.

Actividades
Entre as actividades de hoxe destacan o obradoiro sobre prevención da obesidade infantil impartido pola dietista Marisol López Reyes no que participaron unha quincena de pequenos e os pais e nais. No apartado máis profesional, a Consellería de Medio Rural, a través da chef Emma Pinal, impartiu un showcooking sobre o Mexillón de Galicia “garantía de calidade e oirxe” no que elaborou diversos pratos con este molusco que maridou con viños da D.O. Monterrei.

Polo que respecta ás actividades diarias promovidas polo Grupo Cuevas, hoxe organizaron unha ponencia-degustación na que a responsable do departamento de marrón glacé, Maite González, e o cociñeiro Jacobo Rodríguez-Hermida, renderon tributo á castaña como patrimonio gastronómico de Galicia. Sopa de puré de castaña, lombo de coello recheo con ciruela e puré e, finalmente, biscoito de crema de castaña foron os tres exemplos elixidos polo tamén profesor da escola de hostalaría de Vilamarín para demostrar a versatilidade deste froito que “enriquece o sabor de calquera prato, tanto doce como salgado”, en palabras de Rodríguez-Hermida.

Dos beneficios da castaña falou tamén o director xeral do grupo Cuevas, Artur Yuste, sinalando a vantaxe das súas propiedades culinarias fronte ás doutros froitos secos. Hai catro anos que saíron ó mercado os productos derivados da castaña, que hoxe suman máis dunha ducia, e o seu crecemento neste tempo “ten sido sempre de dous díxitos”. Hoxe, manipúlanse unhas 900 toneladas de castaña ó ano, tendo ó marrón glacé como “buque insignia” de todos eles. De feito, o 30% da produción xa se exporta, sobre todo a países árabes, asiáticos e latinoamericanos.

As actividades desta tarde incluirán varias catas de viños, licores e de produtos con Stevia (a cargo do único produtor de Galicia deste edulcorante natural) e o último pase do Concurso de cociña Xantar Gourmet cuxos premios serán enviados mañá no acto de clausura do evento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar