Balseiro salienta a reducción nun 25% do paro xuvenil na Mariña nun ano

Balseiro_populares PP da Mariña lucense luguesa de Lugo

O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou a redución nun 25% do paro xuvenil na Mariña lucense nos últimos doce meses. O dirixente popular destacou que á baixada xeral do número de desempregados na nosa comarca hai que engadir, con especial intensidade, o bo comportamento da cifra entre os menores de 25 anos, “que se reduce a un ritmo 14 puntos superior á media global”.

Balseiro fixo esta análise durante o discurso de clausura do Congreso Local de Novas Xeracións en Ribadeo, que tivo lugar esta mañá e no que quixo poñer en valor os beneficios das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta e o Goberno central

“A Estratexia de emprego xuvenil posta en marcha polo presidente Feijóo está dando os seus froitos. Trátase dun programa concreto para os mozos e as mozas galegas, que non só os mantén como prioritarios nos accesos ás distintas fórmulas de axudas e aos incentivos á contratación da Xunta de Galicia, senón que debuxa unha folla de ruta específica para que a mocidade galega teñan un pouco máis fácil atopar un traballo. Queremos, en definitiva, que ninguén quede descolgado na saída da crise”

EMPREGO XUVENIL

Balseiro explicou que a Estratexia de emprego xuvenil 2014-2015, dotada con 100 M€, beneficiará nos vindeiros dous anos a máis de 95.000 persoas a través dun paquete de 19 medidas para fomentar a inserción laboral da mocidade galega. A metade das accións son formativas “dado que os datos acreditan que máis de 28.000 mozos e mozas menores de 30 anos en Galicia ou non teñen ningún tipo de formación ou só contan con estudos primarios” pero tamén hai incentivos á contratación en empresas

Balseiro explicou que á mellora deste segmento do emprego están contribuíndo tamén factores como a posta en marcha dos obradoiros e escolas taller, as contratacións subvencionadas pola Xunta en todos os concellos da Mariña ao abeiro do plan de cooperación ou a definición dunha formación profesional máis acaída as demandas reais do mercado laboral.

So en 2013 A Mariña recibiu 1,5 millóns de euros en investimentos en materia de emprego, situación que contrasta co feito pola Deputación de Lugo que excluíu a todos os parados da Mariña dos seus plans de emprego excepto á Pontenova. “Nos nunca nos comportaremos como o bipartito provincial. A Besteiro e a Veiga parece que non lles importan os parados da Mariña, aos que deixa fóra dos seus plans de emprego ou ofrece accións formativas que despois non son homologables”

XESTIÓN DOS POPULARES

Xa en clave global, Balseiro asegurou que a progresiva baixada do paro (tanto do rexistrado nas oficinas dos servizos de emprego, como a constación do aumento no número de contratacións) avala a xestión económica dos populares. Neste senso, fixo fincapé en que, se ben o seu partido non está satisfeito porque as cifras do paro aínda son altas e hai familias sufrindo as consecuencias, tamén é certo que se camiña pola senda correcta para que a recuperación económica se palpe en cada un dos fogares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar