Xantar, en Expourense: «A mellor tenda gourmet de España»

Xantar_Expourense_2015_Rosa Quintana

 

“Galicia é a mellor tenda gourmet de España e a comunidade con máis produtos do agro e do mar recoñecidos son selos de calidade e Xantar é o mellor escaparate para a promoción internacional de todos eles”. Con estas palabras inauguraba a conselleira Rosa Quintana, a terceira xornada de Xantar que estivo adicada ó Medio Rural e o Mar pero tamén ó Concello de Lugo, contando coa presenza de seu alcalde, Xosé Clemente López Orozco, á Cámara Municipal de Ponte de Lima e a rexión Centro de Portugal protagonizada por Dao-Lafoes.

A titular de Medio Rural e Mar sinalou que a promoción dos produtos galegos é tarefa de todos, comezando pola Administración, polo que é preciso traballar para que a calidade conseguida non decaia e traspase fronteiras. Neste senso, Rosa Quintana gabouse da celebración desta feira, que conta por segundo ano consecutivo co selo “Feira Comercial Internacional”, que outorga o Ministerio de Economía e Competitividade, e que serve como claro exemplo de promoción dos produtos galegos.

Ademais da promoción internacional dos produtos galegos, Xantar consólidase como exemplo de cooperación transfronteiriza contando coa importante presenza de expositores e entidades portuguesas que ven nesta cita a oportunidade de promocionarse turística a gastronomicamente ante os máis de 7 millóns de habitantes integrados na denominada Eurorrexión, chegando ademais a outros puntos de España.

Durante o acto de claudura de hoxe foron entregados os premios do V Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal. Os gañadores foron Sabores do Mar de Esposende (3º), 36ª Festa do Pemento de Arnoia (2º) e o gañador foi o cartaz da 35ª Festa do Viño de Amandi e concedéronse dous accésits a Festa do Melindre de Melide e a 52ª Festa do Marisco de O Grove.

ENCONTRO IBÉRICO

Hoxe celebrouse á terceira xornada do Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde que comezou coa ponencia do presidente da Sociedade Vasca de Gastronomía, Luis Mokoroa, nomeado onte presidente de honra do XI Encontro Internacional de Confrarías gastronómicas de Xantar. A actividade continuou coa participación de rapaces de distintos centros educativos de Ourense no programa “O Sabor da aventura está no mar”, unha actividade levada a cabo polo seu departamento coa que se busca facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar aos máis pequenos dun xeito lúdico. A conselleira Rosa Quintana compartiu espazo e tempo cos pequenos mentres participaban desta actividade.

No apartado máis profesional e vencellado co tema do día, destacou o showcooking “O sabor do mar en conserva” promovido pola Consellería de Medio Rural e Mar e no que participou o cociñeiro Flavio Morganti que elaborou varios pratos que despois foron maridados con viños da D.O. Ribeiro. Tamén se celebrou hoxe unha cata dos queixos con Denominación de Orixe de Galicia.

 

Xantar_Expourense_2015_Rosa Quintana_alcalde Lugo_López Orozco

Polo que respecta a Aula Cuevas, entre as actividades celebradas hoxe nela destacou a presentación de degustación do proxecto “Qué Facemos Hoxe (QFH)” promovida polo Grupo Cuevas, unha sección dos supermercados deste grupo empresarial que presenta menús deseñados por nutricionistas profesionais que garantizan unha alimentación equilibrada todo o ano a base de produtos galegos, frescos, de tempada e a prezos asequibles. Pola súa parte, Aceites Abril presentou no seu stand unha receita de “falso ovo de mirabel con queixo do país e aceite Oliveiras Galegas”.

A xornada de hoxe rematará coa entrega das medallas de Ouro da Fundación Luso-Galaica a entidades destacadas do turismo e a gastronomía de países vencellados con Xantar como Portugal (Illas Azores ou Costa Rica).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar