Cesan os dous delegados territoriais de Podemos en Galicia

Os delegados territoriais de Ciudadanos en Galicia José Canedo e Juanjo Chouza cesaron nos seus cargos nunha decisión «consensuada» co partido, segundo sinalaron a Europa Press.

Canedo, considerado clave na disolución da xunta directiva na Coruña, indicou que «cesar no cargo é o mellor» para o partido». «É mellor cambiar de xogadores e que pasen outros», engadiu ante a decisión de que asuma o cargo o coordinador en Boiro de Ciudadanos, Javier Chouza.

Sobre os problemas xurdidos na agrupación coruñesa, sostivo que «non se revoga a afiliación de 14 persoas nunha localidade por causalidade», ao tempo que denunciou a existencia de persoas «que veñen a colocarse».

Tras estas «tensións», considerou «mellor» para a formación abandonar o cargo de delegado territorial e deixar que comece «esta nova etapa». Con todo, subliñou que seguirá no cargo de coordinador da agrupación de Santiago, tras a súa afiliación ao partido hai ano e medio despois de que con anterioridade militase en UPyD.

Ademais, remarcou o traballo feito «con 11 agrupacións en Galicia e case 400 afiliados» de cara ao proceso de convocatoria de eleccións municipais.

PODEMOS SANTIAGO

Por outra parte, os membros do Consello Cidadán de Podemos Compostela non poderán presentarse como candidatos ás primarias de Compostela Aberta sen renunciar previamente aos seus postos. De feito, «ninguén pode utilizar o nome de Podemos nin para inscribirse, nin para facer un uso interesado e parcial» nese proceso.

Nun comunicado, o Consello Cidadán da capital galega, que encabeza Víctor Casas, explica a súa decisión sobre a base dos documentos aprobados na Asemblea Sí se Pode, na que a formación liderada por Pablo Iglesias aprobou que non se presentaría nas eleccións municipais, e nos textos que dela se derivaron.

Esta decisión contrasta, non obstante, co caso da Coruña, na que membros do Consello Cidadán da cidade herculina e afíns presentaron unha lista propia ás primarias para elixir os candidatos da Marea Atlántica, cuxo cabeza de lista será Xulio Ferreiro.

Non obstante, Podemos Compostela declara que «non vai presentar candidatos ás primarias» de Compostela Aberta. Deste xeito, os membros do Consello Cidadán Municipal de Compostela non poderán presentarse sen «renunciar previamente» aos seus postos.

O secretario municipal na capital galega, Víctor Casas, renuncia deste xeito a presentarse como candidato no Concello compostelano, segundo as fontes consultadas por Europa Press.

Ademais, o Consello Cidadán de Podemos Compostela acordou que «ninguén poderá utilizar o nome de Podemos nin para inscribirse, nin para facer un uso interesado e parcial» nas primarias e advirte de que «velará en primeira instancia polo cumprimento» destes acordos.
PRIMARIAS DE COMPOSTELA ABERTA

O prazo de presentación de candidaturas para Compostela Aberta está aberto dende este mércores e espera que esta semana o alcalde de Teo, Martiño Noriega, desvele se finalmente optará neste proceso ou abandona o ámbito político municipal.

O proceso de primarias finalizará coas votacións, que se celebrarán os días 19 e 20 de marzo, e serán presenciais e telemáticas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar