Crece o número de concellos que poñen en común proxectos amparados pola Xunta

Feijóo_conselleira Traballo_presidente Deputación Coruña_Premios Coopera_1
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na entrega dos Premios Coopera Galicia de Entidades Locais, que cada vez máis concellos concorren ás axudas da Xunta de forma conxunta e que cada vez menos permanecen afectados polo localismo.

“Non só na Xunta incrementamos a aposta por primar nas axudas aos concellos asociados, senón que tamén os propios municipios aumentan a súa receptividade a concorrer a elas de forma conxunta”, aseverou, ao que engadiu que máis da metade de concellos que solicitaron un obradoiro de emprego na última convocatoria fixérono entre dous, tres ou mesmo catro municipios.

Nesta liña, salientou tamén que no caso do Fondo de Compensación Ambiental as axudas concedidas a asociacións de concellos practicamente duplicáronse, pasando das 15 rexistradas en 2013 a 28 en 2014.

<iframe width=»500″ height=»340″ src=»https://www.youtube.com/embed/yHd5R5214T4?rel=0&amp;controls=0″ frameborder=»0″

Cooperación local: máis servizos, máis eficientes e máis económicos
Durante a súa intervención, Feijóo enxalzou a cooperación entre municipios, que ten sempre a vista posta no benestar dos cidadáns. E referiuse a este acto como a evidencia de que cada vez máis concellos entenden que “a forma máis eficaz de cumprir coas nosas obrigas é facelo de forma conxunta”.

O responsable do Goberno galego aseverou que con estes premios se pon en valor o feito de que os concellos se alíen, traballen conxuntamente e xestionen de forma coordinada polo ben dos cidadáns; e déixase constancia de que os municipios que permanecen afectados polo “pecado localista” están cada vez máis en clara minoría.

Nesta terceira edición, o responsable do Goberno galego destacou o labor de dúas mancomunidades e un consorcio de turismo. “Ou o que é o mesmo: 36 concellos e 3 proxectos”, abundou.

“Hoxe temos ante nós as consecuencias máis directas de cooperación entre os concellos”, dixo, referíndose, nun primeiro termo, á mellora dos servizos públicos que experimentan os municipios da Mancomunidade da Comarca de Ordes, ao compartir un servizo de atención temperá, que dá mellor resposta ás necesidades dos nenos de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento. “Se estes concellos tivesen este servizo de forma individual o custo sería de máis de 600.000 euros. Pero ao facelo de forma conxunta o custo é de 125.000, é dicir, ademais de dar un servizo que poucos municipios dan, aforran medio millón de euros ao ano”, matizou.

Así mesmo, lembrou a maior eficiencia no gasto que lograrán os municipios da Mancomunidade de Celanova ao instalar un sistema de control automático dos sistemas electrónicos dos seus edificios, o que redundará nun aforro económico do 45%. E subliñou, tamén, unha maior capacidade de investimento útil para os cidadáns, como reflicte o Proxecto piloto de emprego verde do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, xa que a coordinación entre municipios das provincias de Lugo e Ourense minimiza os custos de xestión e maximiza o seu obxectivo: a creación de emprego e a promoción do cooperativismo.

Sobre este último aspecto, Feijóo remarcou que contratar desde o Consorcio permite un importante aforro en cotas de seguridade social. Así, o custo da contratación de dez traballadores desde o Consorcio sería equiparable co da contratación de tres por un só concello.

Cooperación a todos os niveis
Durante a súa intervención, Feijóo avogou tamén por seguir traballando na cooperación en todos os niveis: “Co Estado, e vamos a seguir traballando na representación exterior, na axuda humanitaria ou na atención ás emerxencias; co resto das comunidades veciñas e estamos traballando con Castela e León e con Asturias; e tamén co país veciño, con Portugal”.

Sobre este punto, Feijóo destacou o Plan de atención ás emerxencias Ariem 112 e o Plan de investimentos conxuntos; “e pasamos dunha eurorrexión de seis millóns de habitantes Galicia-Norte de Portugal a unha macrorrexión, onde están xa as comunidades como Asturias e Castela e León -ademais de Portugal centro-, pasando a once millóns de habitantes”, dixo a modo de exemplos.

Feijóo, concluíu a súa intervención facendo fincapé en que cooperación local significa “máis servizos, servizos máis eficientes e servizos máis económicos”. “Isto é o que todos perseguimos e por iso entre todos, tamén, fixemos unha Lei de administración local en Galicia, collendo o mellor da Lei básica do Estado e o mellor da nosa experiencia de cooperación local desde 1981en Galicia”, lembrou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar