O PSdeG culpa ao PP da crise económica

Pablo García_PSdeG-PSOE_rolda de prensa_micros

O deputado do PSdeG Pablo García replicou este luns ao PP que «todo empezou en Galicia, pero para mal», pois despois «sufriu o resto do Estado» as consecuencias da política posta en marcha polos populares dende o Goberno.

Así pronunciouse ao ser preguntado en rolda de prensa sobre as palabras da vicepresidenta do Executivo estatal, Soraya Sáenz de Santamaría, quen afirmou o domingo nun acto en Santiago que en Galicia «empezou todo» e que foi «o principio do camiño que sacou a España da crise», coa vitoria do PPdeG en 2009.

Máis alá diso, o parlamentario socialista xulgou que «pouco pode solucionar» o PP neste tipo de actos, pois «ten un problema de credibilidade cara á sociedade polos casos de corrupción que o acosan» polos catro costados». «Mentres non solucione iso, é moi difícil trasladar calquera outro tipo de mensaxe», sentenciou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar