Unha deputada nacionalista considera inapropiado traballar o «Día da Clase Traballadora»

Consuelo Martínez_Grupo Mixto Parlamento

 

   A deputada do Grupo Mixto Chelo Martínez solicitou que se cambie a data da sesión plenaria prevista para o día 10 (aínda sen convocar), debido a que coincide coa celebración do Día da Clase Traballadora Galega.

«Estou segura que a todas as persoas membros da Mesa do Parlamento e da Xunta de Portavoces, como eu, pasaron por alto a coincidencia do próximo pleno coa celebración do 10 de marzo», refire no seu escrito.

Ademais, sinala que esta efeméride é un día de homenaxe aos traballadores galegos pola loita en defensa dos seus dereitos de clase e os dereitos civís e democráticos para o conxunto da sociedade galega e «debe ser recoñecido institucionalmente, favorecendo a participación do pobo e das súas institucións nos actos convocados en relación a esta celebración».

Por este motivo, a voceiro correspondente do Grupo Mixto solicita á Mesa do Parlamento que «cambie a data do próximo pleno, para que os deputados que desexen poidan asistir a unha conmemoración dificilmente escusable».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar