A cobertura 3G abrangue o 98% da provincia de Ourense

image

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co director de Telefónica en Galicia e territorial Norte, Manuel Ángel Alonso Pérez, con que abordou temas estratéxicos de tecnoloxía e comunicación para a provincia de Ourense, como foi o da cobertura 3G e os últimos avances tecnolóxicos, que abranguen a case o 98% da poboación de Ourense. Tamén analizaron Baltar e Alonso proxectos tecnolóxicos de futuro nos que a Deputación de Ourense pode ocupar un papel importante, e a propia Telefónica pode, pola súa banda, ter un destacado protagonismo nos proxectos que a institución provincial ten presentado diante da Unión Europea logo de aprobarse a estratexia de desenvolvemento urbano sostible.

Ademais, Manuel Baltar afirma que se pode abrir un escenario de colaboración importante entre a Deputación de Ourense e Telefónica na que será a Axencia Provincial da Enerxía e o Medio Ambiente.

O presidente provincial agradeceu «o discurso e posicionamento» de Manuel Ángel Alonso «porque é o discurso do territorio, que entronca directamente coa liña institucional da Deputación, e desta maneira, ábrese un período de colaboración que pode ser moi fructífero para os cidadáns da provincia de Ourense».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar