Catro encapuchados asaltan unha vivenda en Oleiros

A Garda Civil investiga o asalto a un chalé do Carballo, na localidade coruñesa de Oleiros, por parte de catro encapuchados que ían armados con pistolas e coitelos, segundo informou a Benemérita.

O suceso produciuse sobre as 6,30 horas do xoves, cando na vivenda se atopaban catro persoas, dúas mulleres e dous homes.

Os asaltantes chegaron a agredir os dous homes, que foron trasladados por unha ambulancia do 061 ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); e os catro encapuchados fuxiron do lugar despois de que, dende o chalé, conseguisen facer soar a alarma.

Ao lugar trasladouse unha patrulla da Garda Civil, o equipo de Patrimonio da Policía Xudicial da cal investiga agora o acontecido.

Pola súa banda, os dous feridos foron atendidos por golpes na cabeza e na cara e foron dados de alta.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar