A neve obriga a usar cadenas na LU-633 e a circular con precaución na A-6 e A-52

Situación na A-6 a altura de Pedrafita
Situación na A-6 a altura de Pedrafita

A presenza de neve en parte da rede viaria galega de montaña obriga unha xornada máis a circular este luns con cadeas pola estrada LU-633 e a extremar a precaución na autovía A-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro (Lugo) e na A-52 na provincia de Ourense.

Así o sinalaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a Europa Press, que recordaron que na zona da LU-633, no Alto do Poio, os turismos necesitan cadeas para circular e está prohibido o paso a camións e autobuses.

Ademais, na autovía A-6 ao seu paso polo municipio da montaña lucense de Pedrafita do Cebreiro, entre os quilómetros 420 e 440, a DGT indica que hai que extremar a precaución.

E tamén a neve condiciona a circulación pola autovía a-52 na provincia ourensana, entre os quilómetros 112 e 130, que abranguen a zona do límite coa provincia de León coa de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar