Rodríguez Miranda visita aos galegos en Cuba

Mato_Miranda_cooperativismo Cuba
Anterior visita a Cuba do secretario xeral de Emigración.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha viaxe institucional polas repúblicas de Cuba e Canadá, onde visitará as comunidades galegas presentes en ambos países, manterá diversos contactos institucionais, e desenvolverá accións na procura de novos folgos para a internacionalización da economía galega. Acompaña a Miranda na parte cubana desta nova viaxe o director de Internacionalización do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Abel Veiga Copo. Ambos altos cargos autonómicos manterán diversos contactos institucionais con representantes da Administración cubana, cos que analizarán as posibilidades de ampliar as actuais e frutíferas relacións entre Galicia e a república centroamericana. Tamén se verán con empresarios galegos e españois presentes na illa. Na mañá do venres, Miranda e Veiga, mailo embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán, visitan diversas colectividades galegas con presenza na Habana, e asisten á toma de posesión formal do presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Sergio Toledo. Xa pola tarde, terá lugar a inauguración do Curso de xestión de proxectos para entidades civís, organizado polas entidades galegas na illa en colaboración con Emigración e o IGAPE. En Canadá Rodríguez Miranda viaxa despois, durante a fin de semana, a Canadá. Coñecerá ás socias e aos socios, e instalacións, do Club Hispano de Toronto –cidade na que participará na gran celebración anual da colectividade galega-, e mais do Centro Galego de Montreal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar