Perfís persoais dos candidatos do PPdeG as alcaldías

A Coruña: Carlos Negreira

Carlos Negreira_A Coruña_PPdeG_HORIZONTAL

Naceu en Río de Janeiro en 1960. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e funcionario da Escala de Letrados da Xunta.
Ingresou na Administración autonómica galega en 1985, desempeñando os cargos de xefe de servizo técnico xurídico e letrado-xefe na Consellería de Economía e Facenda. En 1992 foi nomeado director xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e en 1996 accedeu á Secretaría Xeral Consellería de Sanidade e Servizos Sociais e Vicepresidencia do Sergas. Posteriormente, ocupou diversos cargos en AENA e na Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.
Desde 2003 a 2004 ocupou a presidencia de Portos de Galicia e foi membro dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias da Coruña e Vigo. Na actualidade é presidente do PP da Coruña e alcalde da cidade.

Santiago de Compostela: Agustín Hernández

AgustínHernández_Santiago

Naceu en Madrid en 1961. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, funcionario do Corpo facultativo Superior da Xunta de Galicia e conta co Diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública.
En 1992 accedeu á Xunta como enxeñeiro. Desempeñou diversos postos de responsabilidade na Administración autonómica e foi nomeado Director Xeral de Obras Públicas da Xunta entre 1998 e 2005. En 2009 concorreu ás eleccións da Comunidade na candidatura provincial de Pontevedra. En abril dese ano foi nomeado conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, responsabilidade que desempeñou ata xuño de 2014, cando pasou a desempeñar o cargo de alcalde de Santiago.

Ferrol: José Manuel Rey

JoséManuelReyVarela_Ferrol
Naceu en Ferrol en 1975. Licenciado en Dereito e especializado en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School.Foi presidente do Consello da Xuventude de Ferrol e presidente de Novas Xeracións da cidade. Desempeñou o cargo de concelleiro no municipio en 2002, asumindo a portavocía adxunta do Grupo Popular. Posteriormente, foi nomeado concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude desde 2003 a 2007. Foi deputado provincial na Deputación da Coruña e voceiro do GPP no Concello de Ferrol desde 2007 a 2011. Desde maio de 2011 ocupa o cargo de alcalde de Ferrol. É presidente da Fegamp desde 2011.

Lugo: Jaime Castiñeira

JaimeCastiñeira_Lugo

Naceu en Cospeito (Lugo) en 1957. Enxeñeiro de Edificación e Arquitecto Técnico do Ministerio de Economía e Facenda.
No ámbito da política autonómica, é deputado no Parlamento galego desde 2005 ata a actualidade. Desde 2005 ata 2009 ocupou a portavocía de Medio Ambiente e desde 2009 a de Vivenda. Tamén desde ese mesmo ano preside a Comisión de Asuntos Europeos no Parlamento de Galicia. No ámbito municipal, ocupa, desde decembro de 2009, a presidencia da Xunta Local do PP de Lugo. Foi candidato á alcaldía de Lugo en 2011.

Ourense: Jesús Vázquez Abad

JesúsVázquez_Ourense

Naceu en Núremberg (Alemaña) en 1967. Doutorado en Ciencias Económicas. Foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
Foi voceiro do PPdeG de Universidades e deputado no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense desde marzo de 2008 ata abril de 2009. Ese mesmo ano concorreu ás eleccións autonómicas na candidatura provincial de Ourense e posteriormente foi nomeado conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Pontevedra: Jacobo Moreira Ferro

© MONICA PATXOT

Naceu en Santiago en 1973. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten un Máster IESE Business School pola Universidade de Navarra (Programa de Liderazgo en Gestión Pública) 2011 – 2012. Avogado de profesión, traballou en diferentes bufetes.
Foi concelleiro do Grupo Municipal do PP en Pontevedra desde 2007 e voceiro do PP local desde marzo de 2012. En xullo de 2014 saíu elixido presidente local do PP de Pontevedra. Actualmente é deputado do PP no Parlamento de Galicia en representación da provincia de Pontevedra

Vigo: Elena Muñóz Fronteriz

ElenaMuñoz_Vigo

Naceu en Madrid en 1971. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.
Pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia desde 1999. Nesta Administración desempeñou os postos de xefa de servizo de Fiscalización e Contabilidade ata o ano 2001, xefa de servizo de Control Financeiro de Operacións Correntes ata 2004 e subdirectora xeral de Control Financeiro Ordinario ata 2009. Desde ese mesmo foi interventora xeral da Comunidade, cargo que ostentou ata xaneiro de 2012, cando foi nomeada conselleira de Facenda.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar