O dia 8 desaparecen as antigas frecuencias da TVG en zonas de Ourense e Lugo

TVG_torre San Marcos

O proceso de liberación de frecuencias radioelétricas no chamado dividendo dixital, que remata en España o 31 de marzo, terá unha execución anticipada en zonas de Galicia por razóns de coordinación co mesmo proceso en Portugal, segundo unha resolución recentemente aprobada polo Ministerio de Industria.
No que atinxe ás emisións de TVG e TVG2, esta anticipación afecta os centros emisores de Meda, Verín e Xinzo de Limia, que chegan en distinta medida a 80 concellos da provincia de Ourense e do sur de Lugo.
Nas zonas afectadas o día 8 apágase a canle de emisión 62 do múltiple autonómico, pola que desde hai anos se viña emitindo TVG e TVG2, quedando dispoñible a canle de emisión 50 (non confundir coas canles do noso mando a distancia), que xa está funcionando desde o mes de xuño.

Como sei se me afecta?

Por comarcas e vilas:
Na provincia de Ourense: antenas que reciben o sinal desde os centros reemisores de Meda, Verín e Xinzo de Limia.
En xeral, o centro da provincia, xa que as comarcas onde se prevé máis incidencia son as da Limia, Allariz-Maceda, Caldelas, Celanova, Ourense e Verín.
Non están afectadas as comarcas orientais de Valdeorras e Trives, e están escasamente afectadas as do Ribeiro, O Carballiño, Viana e a Baixa Limia.
En canto ás vilas e cidades, as máis afectadas son as de Xinzo e Verín, mentres que está prevista unha incidencia pequena en Ourense, Allariz e Celanova.

Na provincia de Lugo: antenas orientadas ao centro reemisor de Meda. Estas distínguense porque a canle aparece identificada en pantalla como “TVG Ourense” e porque se reciben as desconexións locais da delegación de TVG en Ourense (de luns a venres ao redor das 09.40 h. e 21.40 h.)

Por termos municipais:
Dentro de cada concello pode haber zonas afectadas ou non, en función da orientación das antenas. Ditas zonas afectadas están nos termos municipais de:

Allariz, Amoeiro, Avión, Baltar, Baños de Molgas, Barbadás, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, Bóveda, Carballeda de Avia, Carballedo, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo de Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Chantada, Coles, Cortegada, Crecente (provincia de Pontevedra), Cualedro, Dozón (provincia de Pontevedra), Esgos, Gomesende, O Irixo, Laza, Leiro, Maceda, Maside, Melón, A Merca, A Mezquita, Monforte de Lemos, Montederramo, Monterrei, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Ourense, Paderne de Allariz, Pantón, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, A Pobra de Brollón, Porqueira, Punxín, Quiroga, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribas de Sil, Riós, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, O Saviñao, Sober, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Verea, Verín, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo.

¿Que teño que facer para seguir recibindo TVG e TVG2 nas áreas afectadas?

– Se vostede nos recibe a través dunha antena e instalación individual, só ten que resintonizar o televisor antes do 8 de febreiro, se non o fixo xa, co mando do aparello, como se fai habitualmente para buscar canles na TDT. Recomendámoslle que cando resintonice o seu televisor coloque TVG na canle número 1 do seu aparello e TVG2 no número 2 para ter un mellor e máis fácil acceso ás nosas emisións.
– Se vostede recibe o sinal a través dunha instalación colectiva con amplificadores monocanle ou centraliñas programables, antes do día 8 de febreiro precisa cambiar estes equipos por outros novos. Por iso debe contactar canto antes, se non o fixo xa, cun instalador autorizado. Unha vez realizada a nova antenización, vostede deberá resintonizar o televisor para atopar TVG e TVG2 como se indica no parágrafo anterior. O instalador poderá ademais axudarlle a xestionar a subvención do Ministerio para este cambio.

Máis información nesta mesma web: http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/dividendo-dixital/guia-para-manter-a-recepcion-de-tvg-e-tvg2

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar