Alerta de temporal costeiro

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alertou dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias de Lugo e A Coruña a partir deste xoves.

Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir deste xoves pola mañá mar combinado do noroeste entre 5 e 7 metros no litoral da provincia de Lugo e noroeste de A Coruña.

No oeste da provincia coruñesa, o temporal empezará en torno ao mediodía con mar combinado do noroeste de 5 a 6 metros, e no sueste de A Coruña, espera que se inicie a últimas horas do día con mar combinado de 5 a 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral, informou os concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Tamén recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección e extremar as medidas de precaución evitando aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como vixiar posibles caídas de obxectos dende balcóns e ventás.

Ademais, aconséllase consultar a web do CAE 112 (‘www.112galicia.org’), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar