A proposta do presidente: 5 leis en 50 medidas en 50 días

No ámbito da administración autonómica

I.- Nova Lei de Transparencia e Bo Goberno (sometida a un proceso previo de participación cidadá):

1- Creación dun Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia

2- Mellora do Portal Open Data da Xunta de Galicia.

3- Regulación do dereito cidadán a recibir asistencia da administración para o exercicio do seu dereito ao acceso á información pública.

4- Instauración dun réxime sancionador para altos cargos por incumprimento das obrigas de transparencia.

5- Penalizacións para as entidades externas que non cumpran coas obrigas de transparencia.

6- Plan de formación específico para o persoal público en materia de transparencia

7- Novos decretos reguladores dos rexistros de contratos e de convenios, para aumentar as súas funcionalidades tecnolóxicas e a súa transparencia.

Obriga legal de publicación:

8- Do inventario de entes instrumentais do sector público autonómico.

9- Dos seus plans de actuación e contratos de xestión.

10- Das retribucións do persoal directivo destes entes instrumentais.

11- Do programa lexislativo do goberno.

12- Dos textos das resolucións xudiciais que afecten á vixencia ou á interpretación da normativa autonómica.

13- Dos ditames e informes dos órganos consultivos.

14- Do cadro total de empregados públicos, con distribución por grupos.

15- Das relacións de postos de traballo ou documentos equivalentes.

16- Das ofertas públicas de emprego e dos procesos de selección de persoal.

17- Dos acordos, pactos e convenios colectivos.

18- Dos liberados sindicais e do custo que xeran.

19- Do gasto anual en persoal eventual por departamento e da súa evolución.

20- Do curriculum vitae dos altos cargos.

21- Da relación de bens inmobles da Xunta de Galicia.

22- Da relación de vehículos oficiais e uso ao que están destinados.

23- Dos orzamentos en vigor, liquidacións dos anteriores e informes e auditorías relacionados.

24- Da estrutura da carteira de débeda e do seu calendario de vencemento.

25- Da totalidade dos contratos públicos, incluídos os menores.

26- Dos pregos de condicións de todas as concesións de servizos públicos.

27- Dos instrumentos de ordenación do territorio e plans urbanísticos.

28- Incorporación dun sistema de alertas e notificacións no Portal de Transparencia e Goberno Aberto que informe á cidadanía da apertura de procesos de participación

29- Limitación das actuacións dos gobernos en funcións.

30- Regulación dos procesos de traspaso de poderes.

31- Consolidación por lei da existencia dun Código Ético Institucional.

32- Mecanismo de seguimento das medidas do Código Ético Institucional.

33- Proceso de reasignación de efectivos destinado a reforzar as unidades destinadas a inspección e control para evitar fraudes.

34- Publicidade das actividades dos altos cargos nos dous anos previos ao nomeamento.

35- Obriga de inhibición sobre asuntos que impliquen a empresas coas que estiveran vinculados neses dous anos.

36- Prohibición de posuír participacións superiores ao 10% de empresas que sexan subcontratistas da administración.

37- Obriga de comunicar, con carácter previo, as actividades que se vaian a exercer nos dous anos posteriores ao cesamento, para comprobar a súa compatibilidade.

II.- Nova Lei de Asistencia Xurídica do sector público autonómico:

38- Concreción legal dos requisitos para recibir asistencia letrada da administración.

No ámbito institucional

39- Coordinación da asistencia que as Deputacións deben prestar aos concellos para o cumprimento das súas obrigas en materia de transparencia.

40- Designación dun órgano independente para recibir as reclamacións por denegación de acceso á información pública en Galicia

41- Mellora da seguridade xurídica no eido local, aumentando as posibilidades de consulta dende as entidades locais a organismos autonómicos como o Consello de Contas, o Consello Consultivo, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa.

III.- Nova Lei do Consello de Contas que incluirá:

42- Creación dunha sección do Consello de Contas para asumir competencias de prevención da corrupción.

43- Proceso de consolidación e profesionalización do persoal ao servizo do Consello de Contas.

44- Potenciación das auditorías operativas do Consello de Contas.

45- Atribución de funcións fiscalizadoras sobre a evolución das declaracións patrimoniais dos altos cargos.

No ámbito da participación política

IV.- Nova Lei de Financiamento dos Partidos Políticos no ámbito autonómico, que inclúa:

46- Prohibición de doazóns aos partidos por parte de persoas xurídicas.

47- Obrigas de transparencia das contas e auditorías dos partidos políticos galegos, superiores ás da lexislación básica.

V.- Lei de Participación Cidadá no Parlamento, que inclúa:

48- Regulación das proposicións non de lei de iniciativa popular.

49- Regulación das preguntas parlamentarias cidadás.

50- Regulación da participación cidadá no proceso lexislativo.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar