A Deputación convida ao Concello de Ourense a colaborar no desenvolvemento da provincia

Baltar-alcalde Ourense_xuntanza na Deputación

A Deputación de Ourense afronta o novo período de financiamento como unha oportunidade para impulsar os cambios postos en marcha nos últimos anos, así como para consolidar un novo modelo de Administración Local máis áxil, eficiente e sostible. A partires desta premisa, a Deputación xa está a traballar para optimizar tanto o acceso como a utilización dos fondos e os resultados que finalmente se alcancen. Este traballo estase desenvolvendo dende a óptica da anticipación, tanto á hora de planificar como de implementar iniciativas que poidan converterse nun referente para outras administracións locais.

A Deputación de Ourense asume o seu papel coordinador e de ente supramunicipal e é consciente da importancia de aglutinar aos 92 concellos da provincia. Se ben, todos os concellos teñen o seu papel por igual, o concello de maior peso e poboación da provincia é o Concello de Ourense, capital da provincia.

Por elo, o presidente da Deputación de Ourense convocou ao alcalde de Ourense a unha reunión na que lle explicou as liñas mestras que se considera que forman parte do libro de ruta a seguir para desenvolver o futuro da provincia. Neste reunión, celebrada hoxe, propúxose a posibilidade de que o Concello de Ourense participe da iniciativa, dado que o Concello de Ourense é un máis dos 92 concellos da provincia.

Froito da reunión, na que se destacou a importancia de presentar unha provincia con 92 concellos unidos ante o futuro, o alcalde de Ourense comprometeuse a estudar en profundidade a proposta dado que debe haber unha colaboración institucional co fin de enfrontarse como unha fronte común aos difíciles retos que ten a provincia por diante.

Dita proposta ampliarase ao resto dos concellos da provincia de forma que o futuro da provincia estea en mans dos 92 concellos da provincia, coa colaboración e coordinación dun ente supramunicipal como é a Deputación Provincial de Ourense, no seu papel de aglutinador de iniciativas.

A Deputación de Ourense asumiu que é preciso evolucionar e ten a firme vontade de ser unha institución pioneira. Por elo, xa se implementaron varias iniciativas novidosas e quere seguir sendo un elemento tractor e inspirador do cambio para outras administracións. Por elo e porque xa conta cun historial innovador, unha das súas prioridades é a posta en marcha de proxectos novidosos no ámbito da administración local.

A día de hoxe, a Deputación identificou catro grandes ámbitos nos que xa está traballando que é preciso consolidar e potenciar no novo plan. Trátase de catro áreas prioritarias sobre as que empezar a definir as actividades susceptibles de ser financiadas con fondos europeos e que se completarán con novos proxectos concretos a medida que se identifiquen novas necesidades ou se opte a convocatorias concretas.

OURENSE TERMAL

A provincia de Ourense conta cunha longa tradición en materia termal, tanto polos seus abundantes recursos naturais, como pola súa tradición histórica e rede de balnearios. Por elo, púxose en marcha de plan Ourense, a provincia termal, unha iniciativa de amplo alcance cuxo obxectivo é impulsar un ámbito tan relevante que pode aportar moito ao desenvolvemento provincial.

O último fito neste campo foi a constitución do Consello Termal Ourensán, órgano que aglutina a diferentes institucións e empresas cuxo obxectivo é velar polo cumprimento do Plan. Dadas as características deste ámbito e a relevancia para o conxunto da provincia, é especialmente importante que os diferentes axentes involucrados traballen de maneira conxunta en pos de intereses comúns. Por elo e para asegurar o éxito do plan, é necesario contar cos municipios e empresas máis relevantes en materia de termalismo.

Tendo en conta a situación do sector termal na provincia, o traballo en curso e as prioridades establecidas pola Comisión Europea, considérase que existen múltiples ámbitos nos que é posible avanza con fondos do novo período neste ámbito. o primeiro paso sería abranguer varias liñas estratéxicas do Plan Ourense, a provincia termal mediante un proxecto integrado que inclúa as dimensións establecidas no esquema de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado.

O proxecto termal integrado incluiría accións en materia de turismo, tanto das empresas como do conxunto do sector. Outra das dimensións que integraría o proxecto de maneira destacada sería a física e medioambiental, xa que baixo o mesmo marco implementaríanse medidas relacionadas coa xestión eficiente dos recursos naturais (xeotermia e augas), eficiencia enerxética, biodiversidade ou redución de contaminación, entre outras. Ademais, a iniciativa completaríase con accións no ámbito da formación mediante o establecemento de acordos coa universidade ou institucións académicas, así como en materia de I+D+i u outras accións relacionadas coa industria provedora de equipamentos para instalacións termais, cosméticos, etc.

AXENCIA DA ENERXÍA E O MEDIO AMBIENTE

No marco do Plan Ourense 92, a Deputación desenvolveu varias iniciativas en materia de eficiencia enerxética e explotación eficiente de recursos en custes. Tralo éxito demostrado na aplicación destas medidas nas instalacións da propia Deputación, o seguinte paso é estendelas aos concellos da provincia, polo que se puxo en marcha un plan específico. O Plan Provincial de Optimización Enerxética ten como obxectivo aforrar máis dun 10% en consumo e reducir un 8% as emisións de CO2.

Estes plans inscríbense na vontade da institución de avanzar en materia de aforro e eficiencia enerxética dende unha perspectiva centralizada para optimizar, pero de carácter intermunicipal para que aporte valor ao conxunto dos cidadáns da provincia.

Co fin de optimizar recursos, xerar aforros e acometer reformas eficientes neste campo, a Deputación porá en marcha da Axencia Provincial de Enerxía e do Medio Ambiente. Trátase da creación dun organismo que articule as medidas nesta materia dende unha perspectiva provincial, é dicir, involucrando

Iniciativa de amplo alcance que pivota sobre a xestión compartida de información con fin de levar a cabo unha xestión máis eficiente, tanto da propia institución como dos municipios. Nun contexto de racionalización das administracións locais e tendo en conta a capacidade das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para establecer conexións entre institucións ou entre estas e os cidadáns. A partir da creación de redes que permitan interactuar co cidadán, trátase de converter á Deputación no concello de concellos co fin de mellorar en termos de eficiencia, transparencia e cohesión territorial.

COMPETITIVIDADE

En materia de apoio ao tecido empresarial da provincia e, concretamente ás pemes, a Deputación puxo en marcha o plan Transforma Ourense, iniciativa plurianual de amplo alcance que inclúe diferentes proxectos. O Plan ten como obxectivo mellorar a innovación tecnolóxica das pemes e mellorar a súa competitividade, así como favorecer o emprendemento e a creación de empresas de base tecnolóxica e desenvolver o tecido empresarial ourensán. En materia de impulso da economía e apoio ao tecido empresarial.

Para que a Estratexia sexa completa, teña impacto na provincia e sexa unha referencia efectiva para a toma de decisións durante o novo período de financiamento europeo, é preciso que cumpra os seguintes seis requisitos fundamentais: Ter un enfoque integrado, ser participativa, ter efecto multiplicador, contar cunha planificación financeira axeitada, estar aliñada con outras estratexias e ser medible e cuantificable.

Ourense está xestionado por 92 concellos e unha entidade menor. A deputación é a administración encargada de liderar este proxecto de Ourense onde deben estar presentes todas as sensibilidades que formamos Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar