Desartellado un clan familiar de traficantes na Coruña

Clan familiar narcotraficantes cocaína A Coruña

Axentes do Corpo Nacional de Policía, adscritos á Brigada de Policía Xudicial da Comisaría Provincial da Coruña, detiveron o pasado xoves, día 15, no marco da ‘Operación Comeanda’, cinco individuos pertencentes a un clan familiar de orixe brasileiro dedicado á distribución de cocaína e marihuana na cidade herculina e as súas inmediacións.

Segundo informou a Xefatura Superior de Policía de Galicia, a investigación comezou hai uns meses cando se detectou un dos integrantes do grupo realizando unha venda de cocaína na zona centro.

Unha vez identificado o vendedor e localizada a vivenda onde residía coa maior parte dos agora detidos, se estableceu un «férreo dispositivo de vixilancia», segundo destaca a Policía, e se foi identificando a todos os membros da organización, mesmo a outros compoñentes do clan domiciliados noutro barrio da cidade.

No curso das investigacións, puídose comprobar como a organización tiña aberto un local comercial de venda de froitas e verduras, «para dar aparencia de legalidade á súa actividade delituosa», segundo concreta a Policía, aproveitando o establecemento para realizar nel a venda de parte da droga que distribuían. Con iso conseguían pasar «totalmente inadvertidos», tanto para os veciños do establecemento coma para os das vivendas nas que residían.
PISOS DE CITAS

A Policía sinalou que se constatou tamén que a súa principal clientela proviña dunha rede de pisos de citas, sitos en distintos puntos da cidade, a onde acudían a realizar entregas de substancias estupefacientes cando o solicitaban os clientes das prostitutas que neles exercían.

Unha vez localizados todos os integrantes desta organización criminal e os seus domicilios, levouse a cabo a entrada e rexistro destes coa correspondente autorización xudicial do Xulgado de Instrución Número 1 da Coruña, coordinado co Ministerio Fiscal, e procedeuse á detención dos sospeitosos, catro dos cales ingresaron en prisión.

No rexistro dos domicilios interveuse, entre outros efectos, 500 gramos de marihuana, dividida en varias porcións, destinadas á venda directa; diversas cantidades de cocaína, todas elas preparadas tamén para a venda directa, divididas en papelinas de 0,5 e 1 gramo; 1.600 euros en efectivo; dúas armas de fogo longas de aire comprimido e dúas armas curtas.

Ademais, a Policía Nacional sinalou que se realizan xestións coa Interpol por se un dos investigados entrase en territorio Shengen con identidade falsa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar