Medio Rural facilitará aos avicultores medios contra a avespa asiática

Avespa asiática_vespa velutina
Comparativa da avespa común e a asiática.

A Consellería de Medio Rural e do Mar distribuirá aos apicultores das zonas máis afectadas pola avespa asiática (‘vespa velutina’) trampas e líquido atraente, co fin de que os coloquen nas proximidades das súas colmeas e recollan o maior número de raíñas desta especie invasora.

Así se decidiu na reunión mantida pola directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa; o vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfonso Villares; e membros da Asociación Galega de Apicultura, da Asociación Lucense de Apicultores e da Agrupación Apícola de Galicia.

Inicialmente, distribuiranse trampas a todos os apicultores dos concellos onde foron detectados máis de cinco niños, repartíndose trampas sobrantes a apicultores dos restantes concellos onde se comprobou a presenza de máis de dous anos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar