Rueda destaca os beneficios do canon eólico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello de Lalín onde puido comprobar de primeira man as actuacións levadas a cabo no concello grazas ás axudas do Fondo de compensación Ambiental 2014.

Durante a visita, á que tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde da localidade, José Crespo. Rueda destacou a frutífera colaboración entre as Administracións, que se reflicte en varias actuacións que repercuten positivamente no concello e nos seus cidadáns.

No marco da liña da axudas do Fondo de Compensación Ambiental, no caso de Lalín, desde a súa creación o Fondo proporcionoulle unha axuda de máis de 600.000 euros para distintas iniciativas, como mellora da eficiencia enerxética, recuperación ambiental, instalación de caldeiras na piscina municipal, mellora do saneamento e abastecemento e o acondicionamento dun paseo fluvial en Pontiñas.

Alfonso RuedaO FCA procede do canon eólico e dende hai xa cinco anos beneficia aos concellos galegos que teñen explotacións eólicas, así como aos seus cidadáns, posto que subvenciona investimentos que melloran o entorno e a conservación natural. É dicir, representa un triplo beneficio, tanto para as arcas municipais como para os veciños e o medio ambiente.

O Fondo de Compensación Ambiental 2014 destinou 8,7 millóns de euros a través das liñas de concorrencia competitiva e non competitiva. Na liña de concorrencia competitiva foron 1,7 millóns de euros para un total de 53 proxectos que benefician a 88 concellos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar