A Policía autonómica incrementa as inspeccións para impedir a venda de alcol a menores

Consumo alcohol menores

O Grupo de Menores da Policía Autonómica incrementou o pasado ano un 71 por cento as inspeccións nas que se controlan establecementos e vías publicas para detectar a venda, consumo e subministro de alcohol a menores.

Dende a entrada en vigor da a Lei 11/2010, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, a Policía Autonómica está levando a cabo durante as fins de semana unha serie de dispositivos por toda a Comunidade Autónoma co obxectivo de velar polo cumprimento da lei e detectar a venta, consumo e subministro de alcol a menores.

Coma resultado das 5.257 inspeccións realizadas pola Policia Autonómica durante o ano pasado foron cumprimentadas 811 actas de denuncia por diferentes incumprimentos da Lei, das cales 476 foron aos locais pola venda e subministro de alcol á menores de idade, por permitir a entrada ou estancia de menores no seu interior, nos casos en que non está permitida e, nas “happy hours”, ou nas ofertas de promoción á baixos prezos de bebidas alcohólicas, que incitan a un consumo abusivo. Tamén inclúe ás infraccións en tema de cartelería, sobre á sinalización da prohibición de subministro de alcol á menores.

Hai que destacar do total das denuncias tramitadas, 335 foron a menores de idade por consumo de alcol, tanto no interior de establecementos coma na vía pública. Todas as denuncias efectuadas foron tramitadas ante a Consellería de Sanidade para continuar co expediente sancionador

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informou aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar