O Concello de Camariñas organizou, coincidindo co 25 aniversario da Mostra do Encaixe, unha exposición itinerante que poderá verse en Madrid a partir do próximo mércores, día 21.
A inauguración terá lugar no centro comercial El Jardín de Serrano baixo o título ‘Descubrindo Camariñas – Corazón do Encaixe’ e conta coa colaboración de deseñadores como Lorenzo Caprile, da modelo e presentadora Silvia Jato e do interiorista Rafael del Castillo.
Nesta mostra, que estará na capital de España ata o día 4 de febreiro, pódense ver varias pezas de encaixe, un vídeo promocional e unha retrospectiva histórica do certame. Posteriormente, viaxará a Barcelona e Valencia.
Ademais, a XXV Mostra do Encaixe será presentada o 29 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid, que se celebra a finais deste mes de xaneiro.
Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar