Investigadores galegos deseñan una vacina contra a tuberculose

Investigadores galegos vacina tubeculose

Investigadores do CSIC e do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, xurdido da cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo (UVigo), colaboran xunto a científicos doutros seis países no deseño dunha vacina «realmente eficaz» para combater a tuberculose.

Así, a coordinadora de Biocaps África González, explicou que a única vacina que existe na actualidade contra esta doenza «non é totalmente efectiva fronte á tuberculose pulmonar e só diminúe as formas severas na infancia», polo que o obxectivo deste programa é «atallar o problema con carácter preventivo.

Desta forma, e como esta enfermidade se transmite por vía aérea, o proxecto centrarase en potenciar o sistema inmunitario dende a mesma mucosa respiratoria para así impedir o paso dos patóxenos e evitar infeccións pulmonares e a afectación doutros órganos. Igualmente, a investigación contribuirá a coñecer por que algunhas persoas se infectan e outras non.

Para iso, os expertos do Instituto de Investigación Biomédica Ourense-Pontevedra-Vigo (IBI) centraranse en concreto na busca –mediante o estudio do sistema inmunitario de pacientes– de biomarcadores que permitan identificar a enfermidade e a protección contra ela, posto que na actualidade «non existe ningún validado dispoñible» e se trata dun «requisito indispensable para desenvolver vacinas realmente eficaces».

Este proxecto, que dispón dun financiamento próximo a oito millóns de euros e que terá unha duración de catro anos, ademais de con investigadores españois conta con científicos de Reino Unido, Suecia, Italia, Mozambique e República Checa, así como cunha empresa alemá e outra inglesa, todos eles coordinados polo St. George University of London.

Segundo a UVigo, a tuberculose é «unha das enfermidades máis persistentes» no mundo, afecta a preto de nove millóns de persoas cada ano e provoca unha morte «cada 24 segundos» –case 1,5 millóns de persoas–, co que é a segunda causa de morte por enfermidade infecciosa por detrás do VIH. Ademais, Galicia é a quinta comunidade española en número de casos e a segunda con maior taxa de enfermos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar