Aumentaron case un 25% as matriculacións de vehículos comerciais

 

A vendas de vehículos comerciais en Galicia entre xaneiro e decembro de 2014 foron de 3.346 unidades, o que supón un aumento do 23,9% respecto ao ano 2013, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

Furgoneta Citroen   Deste modo, Galicia sitúase como a sétima comunidade con máis matriculacións de vehículos comerciais lixeiros, por detrás de Madrid (38.681 unidades); Cataluña (18.454); Comunidade Valenciana (10.461); Andalucía (10.192); Canarias (7.801); e País Vasco (4.167).

Así mesmo, no mes de decembro matriculáronse 481 vehículos comerciais na Comunidade galega, de forma que se rexistrou un aumento do 71,8% respecto ao mesmo mes de 2013, o que supón o segundo maior incremento porcentual entre autonomías, só por detrás de Cantabria (+98,6%).

Pola súa banda, as vendas de vehículos comerciais no mercado español situáronse en 113.782 unidades durante 2014, o que supón o volume máis alto dende 2010 e un incremento do 33,3% en comparación co exercicio precedente, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

En decembro, as entregas deste tipo de vehículos situáronse en 11.676 unidades, o que representa unha progresión do 37,9% en comparación coas cifras contabilizadas no mesmo mes do ano precedente.

PLAN PIMA

As tres asociacións sinalaron que estes crecementos non fosen posibles sen o Plan PIMA Aire, «que está a ser o principal motor para seguir na senda do crecemento e impulsar este tipo de vehículos».

As organizacións apuntaron que con este programa, pioneiro en Europa, se demostrou que con este tipo de iniciativas o camiño á recuperación «é máis rápido» e tamén mellora a confianza na sociedade e detén o envellecemento prematuro do parque de furgonetas.

TIPOS DE VEHÍCULOS

Por tipo de vehículo, as vendas de derivados de turismo, furgonetas e ‘pick-ups’ creceron un 36,6% en 2014, con 75.734 unidades, e un 35,6% en decembro, cun volume total de 77.653 unidades.

En 2014 vendéronse 1.893 derivados de turismo en España, un 16,7% máis, e 172 unidades no último mes do ano, un 52,2% máis, mentres que as entregas de furgonetas aumentaron un 37,9% o exercicio pasado, con 69.946 unidades, e un 33,5% en decembro, con 7.109 unidades. As matriculacións de ‘pick-ups’ foron de 3.895 unidades en 2014 (+24,8%) e de 372 unidades en decembro (+82,4%).

Pola súa banda, as entregas de furgóns e camións/chasis lixeiros situáronse en 38.048 unidades no conxunto do pasado exercicio, un 27,1% máis. En decembro, as vendas deste tipo de modelos creceron un 42,5%, ata 4.023 unidades.

O exercicio pasado matriculáronse en España 8.625 vehículos comerciais lixeiros, un 20,2% máis, e 887 unidades o mes pasado, un 50,3%, así como 26.043 furgóns/combi en 2014, un 29,4% máis, e 2.756 unidades en decembro, un 39,5% máis.

No conxunto de 2014, as vendas de camións/chasis cabina alcanzaron un volume de 3.380 unidades o pasado exercicio, o que supón unha suba do 28,6%, mentres que no último mes de 2014 esta cifra creceu un 47,3%, con 380 unidades.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar