As reservas de sangue son insuficientes para os hospitais galegos

donacion-sangre

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0 +), Cero negativo (0-), A positivo (A+) e A negativo (A-) seguen baixas na Comunidade galega, segundo informou este xoves o Centro de Transfusión de Galicia (CTG).

O CTG recorda que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o próximo luns, 12 de xaneiro, desprazaranse unidades móbiles ás localidades coruñesas de Narón –Praza da Constitución–, Ordes –detrás do Concello–, Abegondo –centro de investigación– e Cerceda –campo da feira na Silva–.

Tamén o luns acudirán unidades móbiles aos municipios lucenses de Ferreira de Pantón — rúa Ourense– e Sober –Praza do Concello–; así como a Ourense –Avenida de Bos Aires–; e aos concellos pontevedreses de Caldas de Reis –aparcamento da empresa Clavo–, As Neves –fronte ao centro de saúde– e Vigo –zona O Calvario–.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar