«A Casa da Conexa» de novo, esta noite, na TVG

A casa da Conexa_TVG

Despois das vacacións de Nadal, esta noite regresa á Televisión de Galicia o bo humor e o entretemento de “A Casa da Conexa” (22.35 horas). Os espectadores galegos terán a oportunidade de gozar e escachar coa risa coas situacións novas e máis disparatadas que ocorren na vila de Ardebullo e nas vidas dos seus habitantes.

Hoxe, Mucha mercaralle a unha xitana uns pendentes. Cando Nucha os ve obsesiónase con eles e chega a roubarllos á súa irmá. A partir de aí sucédense cousas moi raras que levarán a Mucha a tirar os pendentes na horta para recuperar á irmá de sempre.

Doutra parte, o matrimonio de Os Roncha continuará esta semana asistindo de público a “A Casa da Conexa”. Noutros sketchs verase os cociñeiros Moncho e Xosé Ramón como preparan unha torta pascualina no Super Susi. Tamén os granxeiros explicaranlles aos espectadores como sementan as patacas.

O programa desta noite completarase cunha nova consulta que atenderán Mucha e Nucha no seu consultorio particular e cunha clase maxistral sobre a nosa Cultura Galega.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar