Galicia, «campiona de España en destrucción de emprego» para o PSdeG

A deputada do PSdeG Marisol Soneira asegurou este luns que os datos sobre paro en Galicia son «preocupantes», dado que demostran que a Comunidade é «campiona de España en destrución de emprego».

En declaracións aos medios tras coñecer os datos sobre desemprego feitos públicos polo Goberno central, Soneira destacou que decembro foi para Galicia «un dos peores meses en destrución de emprego».

Para a deputada socialista é «preocupante» que «mesmo en datos interanuais» as cifras sexan «peores» que no conxunto de España dado que, indicou, nestas cifras tampouco contabilizan «os traballadores que saen ao exterior». «Se os que se foron estivesen nestes datos seriamos tamén campións en termos interanuais», destacou Soneira.

Ao mesmo tempo, lamentou que as medidas económicas tomadas polo goberno de Alberto Núñez Feijóo tomasen para «cadrar as contas» públicas, algo que, na súa opinión, tampouco se está a cumprir.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar