Vázquez colabora na campaña de recollida de xoguetes do Gaiás

Xesús Vázquez_campaña solidaria recollida xoguetes Gaiás_Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, achegouse esta mañá ao punto solidario de recollida de xoguetes no Gaiás para colaborar con esta campaña posta en marcha pola Cidade da Cultura en colaboración con Cáritas, entidade que se encargará de repartir os presentes o Día de Reis.

O depósito dos regalos permanecerá aberto ata o martes 6 de xaneiro, no horario habitual do Museo Centro Gaiás: de 11 a 20 horas. Non obstante, Cultura e Educación lembra que o Museo permanecerá pechado o día 31 de decembro a partires das 14:00 horas e toda a xornada do día 1 de xaneiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar