Darío Villanueva, aposta por «coidar» a transmisión do galego nas familias

Darío Villanueva_libro_librería_VCAL

O novo director da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva, considerou necesario «coidar que non se perda» a trasmisión da lingua galega en «nas familias» para garantir o seu uso no futuro.

«A trasmisión do galego no seo da familias, de pais a nenos, é algo absolutamente fundamental», manifestou nunha entrevista concedida a Radio Nacional España (RNE), que recolle Europa Press.

Na súa intervención, o recén elixido trixésimo director de RAE asegurou «non» crer que «exista un pugilato» entre o galego e o castelán. «A proba está en que o galego superou varios séculos de afastamento da dimensión máis pública e oficial e resistiu», argumentou.

Con todo, recoñeceu que «houbo un período moi escuro, sobre todo no referido á utilización literaria», entre outros usos. «Se aquilo non sucedeu naquelas épocas, non hai ningún motivo para pensar que poida suceder agora», apuntou.
«MELLOR SITUACIÓN»

E é que, segundo indicou, «en virtude da aplicación da Constitución, o galego ten unha situación constitucional mellor, que nunca antes tivera, nin sequera coa Constitución da República de 19312».

Por todo, aínda que insistiu en que se «debe coidar moito que non se perda», especialmente «no ámbito da célula nuclear da constitución da individualidade –a familia–«, rexeitou o «catastrofismo» en relación aos estudios que advirten da desaparición do galego nun futuro.

«Este é un tema que preocupa a moita xente no mundo, continuamente os lingüistas tratan a cuestión da desaparición das linguas», indicou antes de considerar que «o catastrofismo é inexacto».

«Sabemos, pola historia, que hai unha enorme capacidade de resistencia das linguas que chegaron ata hoxe polo que, se as condicións externas son favorables e os individuos asumimos o compromiso, non hai ningún motivo para ser tan catastrofistas».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar