Morre unha muller na A-6 en Oza-Cesuras por saída da estrada

Unha muller faleceu na mañá deste sábado tras sufrir un accidente no punto quilométrico 565 da A-6, ao seu paso por Oza-Cesuras, na Coruña.

Segundo informou o CAE 112, as testemuñas do accidente aseguraron que o vehículo, no que ademais da muller viaxaba outra persoa, se saíu da vía e deu varias voltas de campá.

O outro ocupante, que foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia, salio do seu coche polos seus propios medios. Non obstante, a muller quedou atrapada no interior do vehículo.

O CAE 112 solicitou a intervención dos bombeiros de Betanzos, que recuperaron o corpo da vítima.

Ademais, dende o CAE 112 mobilizouse a efectivos de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Tráfico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar