Santiago: Galeras contará cun centro de saúde

Galeras_centro de saúde_primeira pedra_Hernández

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, e o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participaron hoxe no acto simbólico de colocación da primeira pedra do que será o futuro centro de saúde do santiagués barrio de Galeras.

Este edificio está cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de 2,9 millóns de euros e ten un prazo de execución das obras de 17 meses.

O centro de saúde de Galeras, que poderá atender a unha poboación de máis de 12.000 persoas, contará cun área de medicina xeral, outra de pediatría, consultas de matronas e educación maternal, farmacia, odontoloxía, fisioterapia e salas polivalentes. Ademais, na área de administración disporase dun arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

Ao acto tamén asistiron a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo; a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, Lourdes Vilachán; o xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde; e a xefa territorial de Sanidade da Coruña, Cristina Pérez.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar