Alfonso Rueda confirma a viabilidade da Fundación Semana Verde

O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda destacou hoxe a viabilidade da Fundación Semana Verde ca sinatura do acordo co concello de Silleda polo que se saldan as débedas entre Concello e Fundación.

Alfonso Rueda presidiu a xuntanza do Padroado da Fundación Semana Verde onde reiterou que queda solucionado de xeito definitivo un problema histórico da Fundación a través deste acordo de compensación de débedas que dificultaba o avance da Semana Verde.

Na mesma liña, a Fundación ten solucionado outro dos problemas coma o contencioso con Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), polo que eliminase a ameaza de embargo e abre as portas a lograr financiamento das entidades financeiras, mantendo así a premisa principal que debe ser eficiente e camiñar cara o seu financiamento.

Así, a Semana Verde segue na senda de darlle continuidade e garantir a súa viabilidade, tanto polo ben de Silleda, como da súa comarca e do sector primario e Galicia, en xeral.

Ao longo deste ano 2014 a Fundación seguiu dinamizando a súa actividade con 11 eventos, que supuxeron máis do dobre dos realizados no ano 2013, coma foron Presentación Panorama, a Semana Verde, Galiforest, Gandagro, Clinics de cabalos, Formula Rallie, I Festival contra o cancro, Partidas de Airsoft, Exposición permanente de maquinaria de segunda man, Centro multiaventura e o Closing Tour.

Así os tres grandes eventos deste ano -Semana Verde, Galiforest e Gandagro- obtiveron máis beneficios que nas súas anteriores edicións. Ao mesmo tempo que se segue garantindo a viabilidade da institución, tan relevante para Silleda e para toda a súa comarca e procurando que a actividade se desenvolva durante todo o ano, reforzando e facendo máis eficientes os eventos tradicionais e mantendo a aposta por eventos e oportunidades de negocio relacionadas co sector primario, o turismo ou o ocio, entre outras, facendo así unha Semana Verde viable, activa e dinámica todo o ano.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar